1 Matching Annotations
- Feb 2019
-
bop.dacoruna.gal bop.dacoruna.gal
-
Artigo 22.–Permisos retribuídos.Sin perda de retribución ningunha, as empresas, sin aviso previo para os apartados 2, 3, 7 e 8, que a continuación se expoñen, e con un preaviso mínimo de 7 días para os restantes apartados por parte do traballador, con xustificación, concederanse licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración que se dí a continuación:1.–Matrimonio do traballador: 16 días.2.–Enfermidade grave, hospitalización, accidente, intervención cirúrxica, morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata 2.º grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.3.–Por nacemento de filla ou fillo, adopción ou acoximento: 4 días.4.–Voda de fillos, irmáns, bautizos, e primerias comunións: 1 día, se é dentro da provincia, e 3 días se é fóra dela.5.–Traslado de enderezo habitual: 1 día.6.–Libre disposición, non acumulable vacacións: 2 días.7.–Polo tempo necesario e con xustificación do mesmo, naqueles casos nos que sexa precisa a asistencia médica do traballador/a por parte dun especialista da Seguridade Social e coincida o horario de consulta coa sua xornada de traballo, debendo estar prescrita a devandita consulta polo facultativo de medicina xeral, estando obrigado o traballador/a a xustificar diante da empresa a devandita prescripción.8.–Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a acompañar ó consultorio, tanto da Seguridade Social coma de Centro de Saude privada aos fillos/as menores de 12 anos polo tempo indispensable da consulta, debendo en calquera caso aportar á empresa o xustificante médico de dita asistencia, no que se fará constar a hora de entrada e de saída. Este dereito sólo poderá ser exercido ata un máximo de 12 horas anuais.9.–As traballadoras embarazadas, poderán ausentarse do traballo polo tempo preciso para a realización de exámenes prenatais e técnicas de preparación ó parto, sempre que xustifiquen a imposibilidade de asistir a ditas probas fora do horario de traballo.10.–As traballadoras por lactancia do fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito pola reducción da xornada normal en unha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente polo pai ou pola nai no caso de que ámbolos dous traballen.A traballadora poderá optar por acumular este permiso de lactancia nun período de 15 días.
hospitalización familiar: 4 mudanza:1 libre disposición:2
-