2 Matching Annotations
- Feb 2019
-
bop.dacoruna.gal bop.dacoruna.gal
-
Artigo 15.–Calendario laboral.As empresas e establecementos regulados polo presente convenio deberán contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador e festas anuais.Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores, tendo que quedar fixado antes do 31 de decembro do ano anterior ó que se trate das vacacións, salvo os traballadores que as disfruten nos meses de xaneiro e febreiro que se fixarán dous meses antes o seu disfrute. Mentras que os descansos semanais e demais serán realizados de forma mensual, sendo este calendario susceptible de cambios por necesidades imperiosas da empresa ou por cambios previamente consensuados entre os propios compañeiros de traballo. Permitiránse cambios de quenda previamente consensuados entre as persoas traballadoras que se comunicarán con 24 horas de antelación.Se establece un banco de horas trimestral dun máximo de 42 horas que se poderá distribuir de forma irregular ó longo deste periodo, debendo preavisar o empresario ao traballador con cinco días de antelación.Os empresarios deberán facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñendoo nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento de tódolos traballadores, así como copia ós representantes.
-
Artigo 13.–Vacacións.Tódolos traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, podéndose gozar en bloque ou fraccionadas (en períodos minimos de 7 días cada un).O período ou períodos do seu disfrute, así como a decisión de gozalas en un período ou máis, fixarase de mutuo acordo entre a empresa e o traballador. Calquera das dúas partes poderá requerir a presenza dos representantes. O acordo acada-do se comunicará á representación dos traballadores a efectos de control e garantía dun sistema equitativo e igualitario. A empresa poderá negociar coa representación dos traballadores un sistema de asignación colectiva de vacacións.No caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o seu disfrute corresponda e a sua decisión será irrecorrible.Con independencia das vacacións, os traballadores gozarán dos días non laborais legalmente establecidos.
Vacacións 30 días naturais, ET Mínimo 7 días consecutivos
-